A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participa no encontro das xuntas directivas de Fademga

A Xunta pon de relevo os avances acadados por Fademga na mellora da atención ás persoas con discapacidade

O Executivo galego destinará neste 2025 máis de 176 millóns de euros para seguir reforzando o eido da discapacidade e apoiando ao tecido asociativo

Sober (Lugo), 25 de xaneiro de 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta mañá no encontro das Xuntas directivas que integran Fademga. Durante esta xuntanza, puxo de relevo o intenso traballo que desenvolven as diferentes asociacións que integran esta entidade e que son claves, sinalou, para os avances na atención as persoas con discapacidade.

Durante este encontro, Begoña Abeijón reiterou o apoio da Xunta de Galicia coas entidades sociais que traballan para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade. Así, subliñou o acompañamento que realizan aos usuarios e as súas familias, dándolle as ferramentas para impulsar a súa autonomía e destacar as súas habilidade.

Neste senso, a directora xeral trasladou ás xuntas directivas de Fademga o compromiso do Executivo galego para seguir traballando a prol das persoas con discapacidade. Así mesmo, fixo fincapé en que este ano 2025 a Administración galega destina máis de 176 millóns de euros para seguir blindando a atención das persoas con discapacidade e apoiando á súa contorna.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/01/2025