A Xunta informa aos comerciantes de Vigo Centro dos apoios autonómicos aos que pode acceder este sector

Vigo, 30 de xaneiro de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe nun almorzo informativo con representantes do centro comercial aberto Vigo Centro para explicarlle as axudas do Goberno galego para o sector comercial e para autónomos. Entre eles, están os apoios ás entidades comerciais como o CCA Vigo Centro e os que se publicarán proximamente e están dirixidos á transformación dixital e sostible do sector comercial e artesanal, que buscan impulsar a modernización desta actividade clave na economía e vertebración do territorio en Galicia.

No encontro, tamén se informou aos comerciantes da orde unificada de axudas específicas para autónomos, dotada con máis de 40 M€. Esta orde abarca cinco programas con apoios que van desde o inicio da actividade ata a súa consolidación e mantemento, incluíndo tamén apoios específicos para a conciliación e outros orientados a aquelas persoas que xa foran autónomas e queiran volver intentalo. Ademais, tamén están a disposición dos autónomos as axudas favorecer a contratación indefinida do primeiro, segundo e terceiro traballador, ás que se destinan 1,35 M€. Ambas ordes están abertas ata o 30 de setembro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/01/2025