Alumnos de Lourizán coñecen o Centro de Coordinación Central contra incendios forestais

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2025

Unha trintena de alumnos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Lourizán (Pontevedra) visitaron esta semana o Centro de Coordinación Central de loita contra os incendios forestais, situado na sede da Dirección Xeral de Defensa do Monte en San Lázaro (Santiago de Compostela).

Como parte da súa formación, o grupo coñeceu de primeira man o labor que se desenvolve nestas instalacións, mediante as explicacións dos técnicos que traballan no centro, así como do propio director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez. Este tipo de vistas forma parte da política de portas abertas impulsada pola Consellería do Medio Rural para que o alumnado da área forestal en particular e a sociedade en xeral teña coñecemento do traballo de coordinación que se realiza neste centro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/02/2025