A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión co alcalde de Manzaneda
2025-02-05
/documents/35297/1607987/_DSC9922.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 5 de febreiro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde unha reunión de traballo co alcalde de Manzaneda, Amable Fernández.
Neste encontro a conselleira e o rexedor abordaron posibles vías de colaboración no eido das infraestruturas.
Allegue subliñou a aposta da Xunta para cooperar cos pequenos municipios a través de actuacións que contribúan a fixar poboación e a mellorar a calidade de vida da veciñanza.
Data de actualización: 05/02/2025