A Xunta valará o recinto da antiga estación de autobuses de Vigo para previr accidentes e evitar entradas non autorizadas

O Goberno galego está analizando as posibilidades de uso do edificio

Vigo, 6 de febreiro 2025

A Xunta vai valar o recinto da antiga estación de autobuses de Vigo, unha vez que o Concello concedeu a aliñación da parcela, requisito previo a poder tomar calquera medida ao respecto.

Ademais de entregar xa o plano topográfico do inmoble, pedíronse ofertas a empresas para levar a cabo o cercado da mesma á maior brevidade posible, para garantir a seguridade viaria para a cidadanía e previr a ocupación do inmoble.

Na actualidade, o Goberno galego está analizando as posibilidades de uso da antiga estación.

Data de actualización: 06/02/2025