A delegada da Xunta participa nos actos da festa anual da avogacía

Vigo, 7 de febreiro de 2025

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este venres nos actos celebrados con motivo da festa anual da avogacía no Centro Social Afundación. Durante a cerimonia tivo lugar a imposición da insignia de oro do Colexio de Avogados a Rafael Luis Larriva Pereira, José Luis Rodríguez Dacal, María Jesús Álvarez Orth, María Jesús Villafáfila Deza, Dominga Castiñeiras Madarnas e Antonio de Sas Fojón.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/02/2025