Xunta e AGDIS avogan por implantar en Galicia unha industria inovadora e respectuosa co medio ambiente

Santiago de Compostela, 9 de febreiro

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e o presidente da Asociación Galega polo Desenvolvemento Industrial Sostible (AGDIS), David Leiva, reuníronse esta semana para abordar a necesidade de implantar en Galicia unha industria innovadora e respectuosa co medio ambiente.

Os obxectivos desta asociación -integrada na Confederación de Empresarios de Lugo (CEL)- van en liña cos establecidos polo Goberno galego na Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que fagan uso dos recursos naturais de Galicia, que busca garantir a riqueza social e económica para os territorios onde se implanten os proxectos industriais e que avoga polo desenvolvemento industrial equilibrado e sustentable na comunidade galega.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/02/2025