Aneiros asiste na Fundación Exponav á inauguración da mostra de pintura e fotografía de Narart
2025-02-12
/documents/35297/1615594/Exponav.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 12 de febreiro de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde na Fundación Exponav, na inauguración da exposición de pintura e fotografía da Asociación de Amigos del Arte de Narón, Narart.
A mostra, composta por 36 traballos obra dos 19 pintores e fotógrafos que conforman actualmente o colectivo, está comisariada por Kati Martín. Os interesados poderán visitar a exposición de forma gratuíta ata o 12 de marzo, no horario de apertura habitual das instalacións.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 12/02/2025