A Xunta entrega novos carnés de Protección Civil ás agrupacións de Vigo, O Porriño, Redondela e Salceda

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, entregou as acreditacións no marco do proceso de regularización

Vigo, 13 de febreiro

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, presidiu este xoves o acto de entrega dos novos carnés de voluntarios a integrantes das Agrupacións de Protección Civil dos municipios de Vigo, Redondela, O Porriño e Salceda de Caselas. A representante autonómica explicou que a entrega destas acreditacións enmárcase na actualización e regularización dos integrantes das Agrupacións de Protección Civil da provincia, un proceso que se realiza cada catro anos.

Ana Ortiz, que estivo acompañada pola directora territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Blanca García, procedeu á entrega de 17 acrecitacións á agrupación de Vigo, 3 á de Redondela, 14 á do Porriño e unha á de Salceda.

Antes do acto de entrega, a delegada destacou a importante labor que realizan as agrupacións da provincia das que acentuou a súa vocación de servizo público. “Sodes un píar fundamental para nosa sociedade, polo que non podemos estar máis que agradecidos, e xa sabedes que contades coa colaboración da Xunta, tanto na entrega de achegas para o funcionamento como na dotación de material de primeiro nivel para as emerxencias”, sinalou.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/02/2025