A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu hoxe a unha xornadas de técnicos, participantes e voluntarios de Special Olympics Galicia
A Xunta destaca a importancia do deporte e do ocio para seguir avanzando na plena integración das persoas con discapacidade
Subliña o labor que a entidade leva a cabo neste ámbito e, en especial, o do voluntariado
Ames (A Coruña), 15 de febreiro de 2025
A directora xera de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, salientou a importancia do deporte como ferramenta para seguir avanzando na inclusión. Díxoo nas XVII Xornadas de técnicos, participantes e voluntarios de Special Olympics Galicia.
No encontro, Begoña Abeijón, indicou que a actividade deportiva, ademais dos beneficios que supón para a saúde, é clave para impulsar a superación, reforzar a autoestima e manter os lazos de amizade e compañeirismo. Neste sentido, louvou o traballo neste ámbito de todos os integrantes de Special Olympics: directivos, familiares, profesionais, voluntarios e persoas usuarias.
Así mesmo, subliñou o importante labor que desenvolven os voluntarios que participan en todas as actividades que celebra Special Olympics e agradeceu a súa contribución xa, sen ela, sería imposible a organización de eventos.