Medio Rural reúnese con membros do Instituto Galego das Terras Comunitarias
2025-02-17
/documents/35297/1618809/20250217_Chan_Ingateco.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2025
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, reuniuse hoxe con representantes do Instituto Galego das Terras Comunitarias (IGTM). O encontro serviu para avaliar a xestión forestal en Galicia, así como para analizar o desenvolvemento e aplicación da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 (PFG) “Cara á neutralidade carbónica”. Avanzouse tamén en posibles liñas de colaboración futura entre a Consellería do Medio Rural e esta entidade e tratouse o importante papel que desempeñan os montes veciñais en man común, como axentes claves na política forestal da nosa comunidade.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 17/02/2025