Ana Ortiz dá a benvida ao novo comandante da Garda civil, o coronel Manuel Touceda
2025-02-18
/documents/35297/1618812/20250218+Comandante+Touceda.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 18 de febreiro de 2025
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, recibiu este martes ao coronel da Guardia Civil de Pontevedra, Manuel Touceda, e deulle a benvida como novo comandante desde o pasado 25 de xaneiro. Touceda, nado na Estrada en 1971, xa ocupou o cargo de xefe de operacións na mesma provincia e foi comandante da Garda Civil de Lugo en 2024. Anteriormente exerceu como tenente xefe do Grupo Fiscal e capitán xefe dos servizos de información da zona de Canarias.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 18/02/2025