A Xunta pon en valor o traballo da Fundación Sálvora no apoio e axuda na toma de decisións das persoas con discapacidade intelectual

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu ao encontro de confraternidade organizado por esta entidade sen ánimo de lucro

Vigo, 18 de febreiro de 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu hoxe ao encontro de fraternidade organizado pola Fundación Sálvora, entidade referente de referencia en Galicia no apoio e asesoramento na toma de decisións das persoas con discapacidade.  

Durante o acto, a directora xeral puxo en valor o labor realizado pola Fundación Sálvora desde a súa creación en 1990, un traballo que garante unha mellor calidade de vida ás persoas con discapacidade, asegurando unha participación activa na sociedade e apoiándoas en todos os ámbitos.

A Fundación informa, asesora e aconsella ás persoas con discapacidade para que estes poidan acadar as mellores condicións de desenvolvemento, benestar e garantías de futuro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/02/2025