A directora xeral de Xuventude mantén unha charla sobre mocidade cos estudantes do Terra de Turonio

Gondomar (Pontevedra), 13 de marzo de 2025

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, mantivo hoxe unha charla cos estudantes do instituto Terra de Turonio, en Gondomar, que están a cursar o ciclo Guía de Actividades no Medio Natural e Tempo Libre, cos que puido compartir algunhas das accións que o seu departamento desenvolve relacionadas con ese ámbito.

Así, a  representante da Xunta tivo a oportunidade de expoñer e comentar co alumnado deste ciclo as posibilidades profesionais que se lle presentan de cara ao futuro vencelladas con estes estudos, así como os distintos programas que a Dirección Xeral de Xuventude pon a disposición dos mozos e mozas tanto no eido da formación como do lecer cultural.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/03/2025