Belén do Campo asiste á presentación do cartel de Semana Santa 2025 organizada pola xunta de confrarías da Coruña

A Coruña, 15 de marzo de 2025

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu, esta tarde, na Fundación Barrié, á presentación oficial do cartel da Semana Santa da Coruña organizada pola Xunta de Confrarías da Semana Santa da Coruña, cun programa de procesións que pon de manifesto o atractivo da Semana Santa e a devoción dos coruñeses nunhas datas tan sinaladas. Belén do Campo  manifestou a súa confianza en que “este ano todas as procesións poidan saír e a xente nas rúas poida participar e gozar de elas”, que comezaran o venres 13 de abril coa de Domingo de Ramos e rematarán o domingo de Resurrección o 20 de abril.

 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/03/2025