Arias inaugura na delegación territorial as xornadas da asociación Vía Künig sobre Lugo como centro de Camiños

Lugo, 15 de marzo de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier  Arias, participou na inauguración das “I Xornadas Lugo Centro de Camiños a Cidade Sacramental”, que se celebran hoxe e mañá na Delegación Territorial organizadas pola asociación cultural Vía Künig, que preside Javier Gómez Vila.

Arias explicou que a Xunta apoia este proxecto porque “contribúe a poñer en valor aspectos do inmenso patrimonio histórico e relixioso de Lugo e o seu papel dentro das rutas xacobeas”. 

Así, estudosos e representantes de distintos municipios, asociacións e federacións de Galicia e de Castela e León falarán sobre a Vía Künig, os camiños de peregrinación por Lugo, os seus privilexios relixiosos -a exposición permanente do Santísimo e a Indulxencia Plenaria-, ou a cidade romana e medieval, entre outros aspectos históricos e relixiosos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/03/2025