Agustín Reguera entrega os carnés a 19 efectivos da Protección Civil
O acto involucrou ás agrupacións de Bueu, Vilagarcía de Arousa, Catoira, Poio, Vilaboa e Caldas de Reis
Reguera destacou o traballo incansable e desinteresado da Protección Civil
Pontevedra, 17 de marzo de 2025
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, presidiu esta mañá o acto de entrega e renovación de carnés a varios efectivos da Protección Civil.
O acto tivo lugar no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra e nel entregáronse 19 carnés a efectivos das agrupacións de Caldas de Reis (1), Vilagarcía de Arousa (1), Vilaboa (2); Bueu (3); Catoira (6) e Poio (6).
O delegado territorial aproveitou o acto para destacar o “traballo imprescindible que levan a cabo nos seus concellos e que realizan de forma totalmente desinteresada”.
Neste sentido, Reguera lembrou que os efectivos da protección civil son, en moitas ocasións, a primeira liña de axuda por proximidade e por dispoñibilidade cando hai algunha emerxencia e iso supón unha gran axuda para os servizos sanitarios”.