O simulacro de incendios no edificio administrativo de Campolongo evacúa a 500 persoas

Pontevedra, 19 de marzo de 2025

Esta mañá tivo lugar un simulacro de incendios no edificio administrativo da Xunta de Campolongo.

O exercicio, que arrancou preto das 10.30 horas e tivo unha duración aproximada de 40 minutos, simulou un incendio na planta 6ª, que rapidamente foi evacuada e sectorizada. Posteriormente procedeuse á evacuación do resto do edificio.

En total, foron preto de 500 as persoas evacuadas entre o persoal que traballa habitualmente no edificio e as persoas que se topaban no mesmo para realizar algunha xestión.

O delegado territorial destacou a boa resposta de todos os traballadores e lembrou a importancia de “manter os protocolos actualizados e adestrados para poder responder de forma eficaz en caso de emerxencia real”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/03/2025