A Xunta estuda posibles vías de colaboración con Lituania nos ámbitos agroalimentario e gandeiro
2025-03-28
/documents/35297/1649673/250328_MedioRural_ReuConsulLituania_MAC-1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana co cónsul xeral de Lituania, Rafael José de Espona. Na xuntanza, na que tamén participou o secretario xeral técnico da Consellería, Jorge Atán, abordáronse posibles liñas de colaboración entre Galicia e o país báltico en materia agroalimentaria e gandeira, en especial no que atinxe a aspectos como a innovación e o acceso a fondos europeos, mediante alianzas entre Estados-Membro dentro da UE.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 28/03/2025