Martina Aneiros destaca a Semana Santa ferrolá como alicerce para o desenvolvemento turístico da cidade durante a presentación da revista ‘Ecce Homo’

Ferrol, 28 de marzo de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde na presentación da revista Ecce Homo e o procesionario da Semana Santa de Ferrol 2025, onde puxo en valor o traballo realizado pola Junta General de Cofradías y Hermandades e as confrarías implicadas nesta celebración recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional.

Durante a súa intervención, Aneiros comprometeu o respaldo do Goberno galego á promoción da Semana Santa ferrolá que cualificou “como un alicerce fundamental para o desenvolvemento turístico da cidade” e destacou a colaboración entre as distintas Administracións -Concello, Deputación e Xunta- co tecido social como “o camiño correcto” para fortalecer a identidade turística da cidade e da súa comarca como parte esencial da marca Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/03/2025