Medio Rural e os enxeñeiros agrónomos colaboran nos eidos agroalimentario e de mobilidade de terras
2025-03-31
/documents/35297/1658195/250331_mrural_agronomos_01av.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2025
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuníronse hoxe con responsables do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.
O encontro serviu para avaliar posibles vías de colaboración entre esta entidade e a Consellería do Medio Rural tanto no eido agroalimentario como no da mobilidade de terras e da dinamización territorial, con vistas a mellorar a cooperación entre estes profesionais e a Xunta a prol do agro galego.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 31/03/2025