Diego Calvo mantén reunións de traballo cos alcaldes de Moraña, Outeiro de Rei, Bóveda, Leiro e Os Blancos
2025-04-02
/documents/35297/1659060/20250401ReunionAlcaldeMora%C3%B1a+%282%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a directora de Administración Local, Natalia Prieto, mantivo encontros de traballo cos alcaldes de Moraña, José Luis Gómez, e de Outeiro de Rei, José Pardo. Reuniuse tamén co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, co de Leiro, Francisco José Fernández, e co dos Blancos, José Manuel Castro. Nas xuntanzas abordáronse as respectivas necesidades destes municipios para avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución dos proxectos municipais no marco do compromiso do Goberno galego coas entidades locais.
Data de actualización: 02/04/2025