Ángeles Vázquez e o alcalde de Pantón reúnense para abordar cuestións de interese para o municipio
2025-04-02
/documents/35297/1659060/2050402+AVMAlcaldePanton.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 2 de abril de 2025
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, abordaron diversas cuestións de interese para o municipio nunha reunión que mantiveron esta tarde en Santiago de Compostela.
Entre outros aspectos, analizaron a protección da paisaxe no concello e a importancia de prever posibles impactos que poidan afectalo así como a importancia de garantir que os proxectos que se desenvolvan dentro do territorio municipal cumpran a normativa ambiental vixente.
Data de actualización: 02/04/2025