Javier Arias participa na recepción á Armada española dentro dos actos da Semana Santa en Lugo
2025-04-14
/documents/35297/1673474/Armada+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 14 de abril de 2025
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou esta mañá en Lugo na recepción oficial á Armada española, presidida polo Almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, Gonzalo Villar.
Trátase dun dos actos máis emblemáticos da Semana Santa lucense, co pase de revista das tropas, o desfile e a homenaxe aos caídos, como anticipo á participación das forzas navais na procesión da Virxe da Esperanza que se celebra na tarde deste Luns Santo.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 14/04/2025