Román Rodríguez planifica co presidente da Real Academia Galega accións conxuntas de futuro

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse hoxe co presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Lema, para facer balance do traballo conxunto no último ano e planificar os vindeiros meses, así como para atender as necesidades da institución.  

O representante do Goberno galego, que estivo acompañado polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, avaliou co presidente da Academia os proxectos actuais e revisou o traballo realizado para preparar futuras colaboracións. Entre outras iniciativas, destaca a ampla difusión realizada en torno á figura do Matemático Rodríguez, cunha exposición itinerante que, logo de pasar por Santiago de Compostela, Lalín e Madrid, inaugurouse recentemente no Parlamento Europeo en Bruxelas. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/04/2025