A Xunta recibe catorce ofertas para executar as obras para a mellora de servizos e humanización do núcleo de Santa Ana, no concello de Sandiás

A actuación, licitada por 282.600 euros, permitirá actuar neste núcleo da parroquia de Santo Estevo de Sandiás, que forma parte do contorno de protección de elementos do patrimonio cultural, e inclúe zonas concentradas e de montes en man común

A obra forma parte do convenio selado entre a Consellería de Vivenda e planificación de Infraestruturas, que asumirá o 70% do orzamento; e o Concello, que achegará o 30% restante

As intervencións enmárcanse no Plan Hurbe impulsado pola Xunta, co que se contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais, como motores de dinamización

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2025

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibiu un total de catorce ofertas de empresas para executar as obras para a mellora de servizos e humanización do núcleo de Santa Ana, no concello de Sandiás.

Este contrato, licitado por un importe de 282.600 euros, é impulsado ao abeiro do chamado Plan Hurbe, a través do que a Xunta  axuda ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas. Neste caso, trátase de actuar neste núcleo da parroquia de Santo Estevo de Sandiás, que forma parte do contorno de protección de elementos do patrimonio cultural, e inclúe zonas concentradas e unha zona de montes en man común.

Así, as obras, consistirán na renovación e o soterramento dos servizos urbanos da rede de baixa tensión, a rede de telecomunicacións e a rede de iluminación pública. Así mesmo, está proxectada a reposición dos pavimentos na zona de intervención. 

Estas actuacións enmárcanse nun convenio de colaboración asinado entre o departamento que dirixe María M. Allegue e a administración local, e suporán un investimento total de 322.615 euros. A través deste acordo a Xunta asume o nun 70% ás intervencións  e o Concello de Sandiás achegará o 30% restante.

Data de actualización: 20/04/2025