María José Gómez pon en valor a importancia de eventos coma a Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto na dinamización do rural galego
2025-04-20
/documents/35297/1673492/storageemulated0DCIM.convert_security_files1745148055111.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Riotorto (Lugo), 20 de abril de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola xerente de Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu esta mañá á XV Feira da Artesanía do Ferro que se celebra nesta localidade lucense. Durante o seu percorrido pola feira, a conselleira puxo de relevo a importancia de eventos deste tipo que contribúen á dinamización das zonas rurais e, neste caso, a dar a coñecer o traballo que desenvolven estes artesáns do ferro.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 20/04/2025