A Xunta avanza na cooperación con Oímbra e Larouco a prol da promoción dos seus produtos do agro
2025-04-23
/documents/35297/1681090/20250423_Alemparte_alcaldesas_Oimbra_Larouco.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Oímbra (Ourense), 23 de abril de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuniuse hoxe coas alcaldesas de Oímbra, Ana Villarino, e de Larouco, Patricia Lamelas. A xuntanza centrouse en avanzar en diferentes liñas de colaboración a prol da promoción dos produtos agroalimentarios de ambos concellos ourensáns, dentro das vías de cooperación abertas pola Consellería do Medio Rural coas entidades locais nesta materia.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 23/04/2025