A Xunta destaca o papel da XVIII Festa do Cordeiro de Larouco na promoción dos produtos do agro galego

Larouco (Ourense), 26 de abril de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe á XVIII Festa do Cordeiro de Larouco. Nesta celebración, na que estivo acompañado pola alcaldesa da localidade ourensá, Patricia Lamelas, o representante da Consellería do Medio Rural destacou o papel deste tipo de eventos na promoción e posta en valor dos produtos agroalimentarios da nosa comunidade. Concretamente, a XVIII Festa do Cordeiro enxalza os viños da Denominación de Orixe Valdeorras, que acompañarán á degustación deste prato.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/04/2025