Diego Calvo participa na Gala anual da Fundación Galega Contra o Narcotráfico
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde á XXII Gala Anual Fundacion Galega Contra o Narcotráfico e entregou un dos premios Nécora de Ouro desta edición á Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil pola súa contribución á loita contra o narcotráfico en Galicia.
Ao evento tamén asistiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera. O Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias (SPAD) de Vilagarcía, a xornalista Alejandra Andrade e o exresponsable de Cáritas, José Anuncio Mouriño Rañó tamén recibiron outras Nécoras de Ouro.
Ademais, o Colexio de Procuradores da Coruña foi recoñecido na gala coa Distinción de Honra pola posta en marcha, en colaboración coa fundación e co apoio da Xunta, do Servizo de Xestión de Bens Intervidos ao Narcotráfico, permitindo o depósito dos bens intervidos.