A Xunta participa no acto do Día da Seguridade Privada para recoñecer o traballo que realiza este colectivo

A Coruña, 21 de maio de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiron, esta mañá, ao acto acto do Día da Seguridade Privada para recoñecer e poñer en valor o compromiso, a profesionalidade e a contribución diaria das persoas que forman parte deste sector estratéxico.

A seguridade privada desenvolve o seu labor en Galicia, prestando servizo en ámbitos tan diversos como edificios públicos, infraestruturas, centros comerciais, eventos públicos, hospitais ou transporte de fondos. O seu traballo, en colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, é esencial para garantir a convivencia e a protección de persoas, bens e servizos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/05/2025