A Xunta e o concello pontevedrés de Poio analizan vías de colaboración para mellorar as infraestruturas viarias do municipio
2025-05-27
/documents/35297/1724990/250527_MedRural_ReuAlcdsPoio_MAC-1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta mañá co alcalde do concello pontevedrés de Poio, Ángel Moldes. Nesta xuntanza estudaron as posibles vías de colaboración existentes co obxectivo de afondar na mellora das infraestruturas viarias deste municipio.
María José Gómez incidiu na importancia destas infraestruturas, xa que xeran cohesión social no territorio e melloran as condicións de vida e traballo no medio rural. Asemade, facilitan a accesibilidade e a vertebración destas contornas.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 27/05/2025