Medio Rural promociona os produtos con selo de calidade diferenciada no evento gastronómico Estrelas no Camiño

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou esta tarde en Santiago de Compostela nun pícnic elaborado con produtos amparados por selos de calidade diferenciada no marco do evento Estrelas no Camiño, un evento gastronómico solidario que, nesta ocasión, recadará fondos para organizacións que traballan no campo da saúde mental. No pícnic estiveron presentes cociñeiros de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional, que coñeceron de preto a calidade dos produtos galegos, o que favorece e amplía tamén a propia promoción destes.

A través de iniciativas coma esta, ademais de colaborar nunha cita solidaria, póñense en valor os produtos agroalimentarios recoñecidos pola súa excelencia. Neste sentido, Galicia conta con 36 denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas que a converten na terceira comunidade española con máis distintivos deste tipo. Ademais, mañá o director da Axencia tamén participará nun almorzo saudable no que estes produtos volverán a ser os protagonistas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/06/2025