Javier Arias reúnese coa presidenta da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

Lugo, 11 de xuño de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias,  mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, entre eles a súa presidenta, María Alonso. Na xuntanza abordáronse algunhas das necesidades que presenta o colectivo en eidos como a empregabilidade.

O Goberno galego colabora coa entidade no desenvolvemento de diversos programas dirixidos a mellorar a integración social e laboral das persoas xordas e á eliminación de barreiras comunicativas, como as medidas para facilitar o acceso aos actos  institucionais  ou para o desfrute dos espazos naturais da Comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/06/2025