O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias clausura o Foro da Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2025

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, clausurou este mediodía o XIV Foro Galis da Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac).

Esta xornada avaliou, entre outras cuestións, os factores xeopolíticos que afectan á alimentación humana e animal, a nova visión da agricultura e a alimentación na Unión Europea e a situación do sector en Galicia. Ademais, entregouse a medalla ao mérito de Agafac a Daniel Ferreiro Otero, ex director xeral da cooperativa Aira.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/06/2025