Medio Rural e a Alianza para una Agricultura Sostenible avalían a participación de Galicia no salón da Agricultura Sagris

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, reuniuse hoxe con representantes da Alianza para una Agricultura Sostenible para avaliar a posibilidade de participación da Consellería do Medio Rural no primeiro Salón da Agricultura Sagris, que ten como finalidade  dar a coñecer ao público xeral e aos profesionais do sector os beneficios da agricultura e gandaría.

Ademais, este evento servirá de impulso á innovación, ao desenvolvemento rural sostible e á conexión entre o urbano e o rural, vital para a proxección nacional do sector agroalimentario, e para reafirmar o compromiso cos avances tecnolóxicos e a sustentabilidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/06/2025