Medio Rural reafirma a súa aposta polos proxectos que favorecen a xestión sustentable de residuos gandeiros
2025-06-23
/documents/35297/1750503/250623_MedRural_ReuENHOL_MAC-11.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse esta mañá en San Caetano, de xeito telemático, con representantes do grupo Enhol, empresa dedicada á realización de proxectos de enerxías renovables.
No encontro púxose de manifesto a aposta da Consellería do Medio Rural a prol de proxectos que favorecen a xestión sustentable de residuos gandeiros, como os que, entre outros, desenvolve esta empresa. De feito, o grupo Enhol atópase en período de consultas ás administracións públicas en relación con diferentes iniciativas neste eido.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 23/06/2025