A Xunta destaca que a integración das persoas con discapacidade require da implicación e compromiso de todos os sectores sociais

Begoña Abeijón participou na entrega de premios de Smart Top Services, onde puxo en valor a sensibilidade das empresas premiadas

Vigo, 27 de xuño de 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta mañá na gala da cuarta edición dos premios de Smart Top Services que se celebrou hoxe en Vigo e que busca premiar ás entidades e institucións que traballan a prol da integración das persoas con discapacidade. Neste sentido, destacou que a integración das persoas con discapacidade require da implicación de toda a sociedade: administracións públicas, institucións, empresas, entidades e toda a sociedade civil.

A directora xeral destacou a importancia da colaboración conxunta para lograr a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos. Neste senso, destacou que gran parte dos avances acadados nas últimas décadas foron froito da alianza entre as administracións e o tecido social e empresarial, unha colaboración que permite chegar cada vez a máis persoas. Isto é clave para lograr unha sociedade máis inclusiva, xusta e integradora.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/06/2025