Javier Arias visita aos participantes do Campus de baloncesto Kingtela, que conta co apoio da Xunta de Galicia
2025-07-03
/documents/35297/1761732/IMG-20250703-WA0099.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Pol (Lugo), 3 de xullo de 2025
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe aos participantes do Campus Kingtela de baloncesto, que dirixen en Pol os xogadores profesionais Érik e Sergi Quintela e conta co apoio da Xunta de Galicia.
A experiencia reúne a 150 inscritos, de entre 7 e 18 anos, tanto en réxime externo como interno, con aloxamento no colexio Rosalía de Castro da localidade durante toda a semana -desde o 28 de xuño ata o próximo sábado 5 de xullo-.
Arias subliñou que o campus “achega unha alternativa de ocio saudable, fomenta o deporte e contribúe a formar aos xogadores do futuro, tanto na técnica do baloncesto como nos valores inherentes a este deporte, que require esforzo, compromiso e traballo en equipo”.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 03/07/2025