Extinguido o incendio do concello ourensán da Mezquita, parroquia de Chaguazoso
O lume iniciouse ás 19.46 horas do martes e finalmente afectou unha superficie de 38,64 hectáreas, das cales 20,6 se corresponden con monte raso e 18,04 con arborado
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2025
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán da Mezquita, parroquia de Chaguazoso, quedou extinguido ás 23.17 horas de onte, xoves.
O lume iniciouse ás 19.46 horas do pasado martes e finalmente afectou unha superficie de 38,64 hectáreas, das cales 20,6 se corresponden con monte raso e 18,04 con arborado. Para a súa extinción mobilizáronse 3 técnicos, 12 axentes, 21 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.