A Xunta licita por 580.000 euros o subministro dun microscopio cirúrxico compacto de alta especialidade para o servizo de neurocirurxía do Hospital Universitario Lucus Augusti

Este equipamento emprégase en intervencións de columna e cabeza

As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen ata o vindeiro 4 de agosto para presentar as súas ofertas

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2025

A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde, publica no Portal de Contratos de Galicia a licitación, por importe de 580.000 euros, da compra dun microscopio cirúrxico compacto de alta especialidade neurocirúrxica para o servizo de neurocirurxía do Hospital Universitario Lucus Augusti.

O equipamento que se pretende adquirir resulta indispensable para realizar intervencións a pacientes de columna e de cabeza.

Como condición especial, a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos marca unha consideración de tipo ambiental polo seu compromiso coa sustentabilidade, en liña coas certificacións que mantén o HULA e o Hospital Público da Mariña. 

Así, o adxudicatario deberá utilizar envases, proteccións e embalaxes fabricados con produtos reciclados, favorecendo a diminución de emisións de gases de efecto invernadoiro e a redución da pegada de carbono, unha xestión máis sostible da auga e o uso de enerxías renovables.

As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen de prazo ata o próximo 4 de agosto para presentar as súas ofertas.

Data de actualización: 04/07/2025