Extinguido un incendio forestal no concello coruñés de Boiro, parroquia de Cures
Segundo as últimas medicións, este lume afectou 37,98 hectáreas, todas elas de monte raso
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2025
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Boiro, parroquia de Cures. O lume quedou extinguido ás 19.45 horas de hoxe, tras iniciarse o pasado xoves ás 23.59 h.
Segundo as últimas medicións, este incendio afectou 37,98 hectáreas, todas elas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse en conxunto 14 axentes, 20 brigadas, 11 motobombas, 2 pas e 2 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.