Preto de 150 rapaces participan no X Campus de Baloncesto Álex Llorca, que se desenvolve en Lugo coa colaboración da Xunta

Lugo, 10 de xullo de 2025

Lugo acolle estes días a décima edición do Campus de Baloncesto Álex Llorca, que se desenvolve do 7 ao 13 de xullo co apoio da Xunta. Este ano participan un total de 147 rapaces e rapazas, con idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos, procedentes de Galicia e doutros puntos de España, como Ponferrada ou Madrid.

A Delegación Territorial acolleu hoxe unha recepción aos participantes, que contou coa presenza do delegado territorial, Javier Arias; o propio xogador Álex Llorca e Rubén Engroba, en representación da organización, entre outras persoas.

Os rapaces desfrutan esta semana de adestramentos para mellorar a súa técnica e as súas capacidades físicas, xunto con outra programación deportiva e de ocio. Unha das actividades destacadas desta edición será unha exhibición de mates de baloncesto.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/07/2025