Medio Rural constata que a indicación xeográfica protexida pan galego superou en 2024 os 112.000 kg de produción certificada

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025

A Consellería do Medio Rural pon en valor que a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan Galego superou en 2024 os 112.000 kg de produción certificada, cun valor estimado de 451.000 euros. Cómpre destacar que isto é posible grazas aos 24 produtores de trigo galego, que teñen unha superficie sementada de 286 hectáreas, así como aos 6 muíños e o almacén de gran integrados na indicación.

Estes e outros datos foron avaliados na reunión celebrada este mediodía polo pleno desta entidade, na que participou o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, e que tivo lugar nas instalacións da axencia en Santiago de Compostela. Na xuntanza analizáronse as cifras do pasado exercicio, así como as liñas de traballo para conseguir mellorar no 2025 o  Pan Galego certificado e a incorporación de novos operadores á IXP.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/07/2025