Arias gaba a excelencia do Grao de Veterinaria de Lugo e o compromiso dos novos graduados “cunha terra que vos precisa”
Lugo, 12 de xullo de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, sinalou que a Facultade de Veterinaria de Lugo “é un referente en España e en Europa, tanto pola calidade do ensino como pola actividade investigadora e a atención hospitalaria”.
No acto de graduación da nova promoción de veterinarios e veterinarias, Arias incidiu na aposta do Goberno galego por este centro, que é “un puntal” do Campus Terra. Ao respecto, lembrou que nas últimas semanas a Xunta concedeu á Facultade o selo de excelencia, que implica unha achega de 360.000 euros para os próximos seis cursos, e renovou por catro anos a acreditación da especialización do Campus, que supón unha inxección económica da máis de 4 millóns de euros.
O delegado dirixiuse aos graduados e graduadas para afirmar que “levades con vós unha formación de primeira e o compromiso dunha terra que vos precisa para reforzar a saúde pública, a seguridade alimentaria, a investigación, e o sector primario e o rural galego”.