Controlado o incendio do concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Maceira
O lume iniciouse ás 13.07 horas de onte mércores e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 80 hectáreas
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2025
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Maceira, quedou controlado ás 9.13 horas de hoxe.
O lume iniciouse ás 13.07 horas de onte mércores e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 80 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 3 técnicos, 12 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 6 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.