A Xunta recibe 2 ofertas para as obras de mellora dos espazos públicos dos núcleos de Meda e Lamalonga, no concello da Veiga, licitadas por 150.000 euros

A actuación enmárcase no Plan Hurbe e permitirá a creación dun un parque infantil e unha zona de estancia para os veciños en cada un destes lugares

As obras teñen un prazo de execución de 4 meses

Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2025

A Xunta recibiu 2 ofertas de empresas para executar as obras de mellora dos espazos públicos dos lugares da Meda e Lamalonga, no concello ourensán da Veiga, licitadas por 150.000€.

A través destes traballos, que se enmarcan no Plan Hurbe da Xunta, habilitaranse un parque infantil e unha zona de estancia para os veciños en cada un destes núcleos rurais. As obras terán un prazo de execución de catro meses.

De acordo ao convenio asinado entre Xunta e Concello para colaborar nesta intervención a través do Plan Hurbe, a Administración autonómica asumirá o 70% do investimento da actuación, mentres que o Concello da Veiga aportará o 30% restante.

Os traballos enmárcanse no Plan Hurbe, co que a Xunta axuda aos concellos a financiar actuacións singulares que poidan recuperar espazos públicos ou mellorar equipamentos públicos para ofrecerlles máis posibilidades de desfrute á cidadanía.

Ao abeiro deste programa, a Xunta segue impulsando a continuada colaboración coas entidades locais para a execución de obras e outras actuacións de mellora de contornos urbanos, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

Data de actualización: 25/07/2025