O delegado territorial supervisou esta mañá o remate das obras acompañado do alcalde

A Xunta inviste 30.000€ nas obras de mellora do acceso aos Calvarios de Santa Baia, en Cartelle

O delegado territorial destacou que esta orde procura a posta en valor turístico dos recursos dos municipios beneficiarios a través da súa rehabilitación ou restauración para dedicalos a usos turísticos, así como coa recuperación de elementos etnográficos ou da arquitectura tradicional

Manuel Pardo subliñou a aportación do Goberno galego de máis de 900.000€ a 30 concellos da provincia de Ourense de ata 10.000 habitantes

O representante do Goberno galego mantivo que o desenvolvemento rural galego debe abordarse desde unha perspectiva integral, polo que se prevé o apoio a actuacións de diferente natureza, que a Axencia de Turismo de Galicia está materializar a través da concesión de subvencións ás entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas

Ourense, 31 de agosto de 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo,  visitou esta mañá, acompañado do alcalde, Jaime Sousa, o remate das obras de mellora do acceso aos Calvarios de Santa Baia, en Cartelle, ás que a Axencia Turismo de Galicia destinou 30.000 euros ao abeiro das  achegas da orde de Infraestruturas Turísticas na edición de 2024.

Manuel Pardo destacou que esta orde procura a posta en valor turístico dos recursos dos municipios beneficiarios a través da súa rehabilitación ou restauración para dedicalos a usos turísticos, así como coa recuperación de elementos etnográficos ou da arquitectura tradicional. Ademais, apoia a mellora da accesibilidade a estes recursos coa eliminación de barreiras arquitectónicas e da súa sinalización con elementos integrados de forma respectuosa coa contorna.

E subliñou tamén o delegado territorial a aportación do Goberno galego de máis de 900.000€ a 30 concellos da provincia de Ourense de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora nas súas infraestruturas turísticas na edición do ano pasado

O representante do Goberno galego significou que entre os obxectivos básicos deste tipo de axudas están o desenvolvemento do turismo na comunidade autónoma de acordo cos principios de calidade, accesibilidade e sustentabilidade; a potenciación do turismo como un factor de crecemento económico, a valorización dos recursos turísticos e o fomento do turismo como un instrumento de reequilibrio territorial.

Por iso – mantivo Manuel Pardo- que o desenvolvemento rural galego debe abordarse desde unha perspectiva integral, polo que se prevé o apoio a actuacións de diferente natureza, que a Axencia de Turismo de Galicia está materializar a través da concesión de subvencións ás entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas.

Os cruceiros de Santa Baia

Na parroquia de Anfeoz encontramos este conxunto de cruceiros , formado por un calvario rodeado de 5 cruceiros que recibe o nome de Os Calvarios. Esta agrupación de cruceiros emprázase nun camiño que dá na estrada entre Soutelo e Anfeoz.

Localízanse nun alto dun outeiro a 430 m de altitude, practicamente no centro xeográfico da parroquia, no centro do triangulo formado polos núcleos de Soutelo, Anfeoz e Vilar de Ponte. O calvario é centro de reunión das veciñas e veciños, ademais dun atractivo patrimonial e turístico.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/07/2025