Belén do Campo asistiu á recepción oficial aos equipos participantes no Trofeo Teresa Herrera 2025
2025-08-09
/documents/35297/1811485/teresaherrera1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 9 de agosto de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu, este sábado, á recepción oficial aos equipos participantes no Trofeo Teresa Herrera 2025, un dos torneos de fútbol máis emblemáticos do verán, que este ano celebra a súa LXXX edición na categoría masculina (Depor L Havre AC), e a XIII edición na categoría femenina (Depor Abanca – SC Braga). Os partidos celebraranse esta mesma tarde. O acto institucional tivo lugar no Concello da Coruña.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 09/08/2025