O sistema educativo galego contará este novo curso con 522 centros plurilingües

Un total de 16 centros escolares súmanse ao programa ou amplían etapas

A maiores, 39 impartirán ciclos ou másteres de FP plurilingües

Contarán con 690 auxiliares de conversa chegados de todo o mundo para apoiar a aprendizaxe de linguas estranxeiras, un novo récord histórico

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2025

O sistema educativo galego contará este novo curso escolar con 522 centros educativos plurilingües, un programa da Xunta de Galicia de participación voluntaria que volve medrar un curso máis. En concreto, un total de 16 centros escolares súmanse á iniciativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP: nove debutarán na mesma e sete ampliarana en novas etapas.

Do total dos centros con modelo plurilingüe, 469 serano en Primaria ou ESO ou en ambas etapas á vez, 258 en Infantil e 16 centros en Bacharelato. Non se produciron renuncias, polo que todos os que participaron o pasado curso decidan continuar, formando parte así deste programa da Estratexia galega de linguas estranxeiras, Edulingüe 2030, que busca a aprendizaxe de idiomas nas aulas da Comunidade.

Os nove centros que se incorporan para o curso 2025/26 son os reflectidos na seguinte táboa, xunto cos que amplían o modelo plurilingüe a outras etapas.

Provincia

Concello

Centro

Etapa

Incorporación ou ampliación

A Coruña

Mesía

CPI de Xanceda

Primaria

Incorporación

A Coruña

Ordes

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Primaria

Incorporación

A Coruña

Porto do Son

CEIP de Portosín

Primaria

Incorporación

A Coruña

Valdoviño

CRA de Valdoviño

Infantil

Incorporación

Ourense

Boborás

CEIP Nosa Señora de Xuvencos

Primaria

Incorporación

Ourense

Verín

CEIP Princesa de España

Primaria

Incorporación

Pontevedra

Pontevedra

CEIP A Carballeira

Primaria

Incorporación

Pontevedra

Tomiño

CEIP de Barrantes

Primaria

Incorporación

Pontevedra

Vigo

EEI Rúa Hernán Cortés

Infantil

Incorporación

A Coruña

Culleredo

CPR Plurilingüe A Ponte Pasaxe

Infantil

Amplía etapa

A Coruña

Santiago de Compostela

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Infantil

Amplía etapa

Lugo

Ribadeo

CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz

Infantil

Amplía etapa

Ourense

Cartelle

CEIP Plurilingüe Cartelle

Infantil

Amplía etapa

Pontevedra

Redondela

CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas

Infantil

Amplía etapa

Pontevedra

Vigo

CPR Plurilingüe Alba

Infantil

Amplía etapa

A Coruña

Oleiros

IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Bacharelato

Amplía etapa

Ademais dos centros plurilingües, a Consellería oferta diversas modalidades. Así, outros centros optan por contar con seccións bilingües, na que un grupo de alumnos cursa unha área, materia ou módulo de maneira bilingüe. Trátase dunha iniciativa en marcha desde hai máis de 15 anos, que no seu momento foi pioneira en España. Para o próximo curso hai autorizadas case 4.500 seccións bilingües no conxunto da nosa Comunidade.

Para apoiar o modelo de ensino plurilingüe, o ensino galego contará o vindeiro curso con 690 auxiliares de conversa. Serán 25 máis ca no actual ano académico e supón un novo récord histórico de auxiliares en Galicia, cuxa presenza nos centros se ten multiplicado por máis de 10 respecto dos 67 que había ao inicio do programa, no ano 2009.

182 ciclos e másteres na FP

A maiores do resto de etapas, un total de 182 ciclos e másteres de Formación Profesional de 39 centros desenvolverán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira no vindeiro curso, 15 na provincia da Coruña, 5 en Lugo, catro en Ourense e 15 en Pontevedra. Estas ensinanzas correspóndense con 79 titulacións diferentes. En 170 dos ciclos a formación realizarase a través de módulos en inglés, algúns deles combinados con outros idiomas como francés ou alemán, e en 12 a formación será en portugués.

Aos centros de FP que imparten ciclos plurilingües incorpóranse este curso o Instituto Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña), o Centro Integrado de FP Ferrolterra (Ferrol), o IES Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes de García Rodríguez), o Instituto Punta Candieira (Cedeira), o Instituto Val do Asma (Chantada), o Instituto Lois Peña Novo (Vilalba), o Centro Integrado de FP A Xunqueira (Pontevedra), o Instituto de Teis (Vigo), e o Instituto de Rodeira (Cangas), e o Centro Integrado de FP Audiovisual de Vigo.

E tamén nas ensinanzas artísticas

No que atinxe ás ensinanzas artísticas, as escolas de Arte e superiores de Deseño Pablo Picasso (A Coruña) e a Ramón Falcón (Lugo) impartirán dous ciclos plurilingües o vindeiro curso. En concreto, serán en lingua inglesa o ciclo formativo de grao superior en Ilustración na Coruña e o ciclo de grao superior en Fotografía na escola lucense. A maiores, o vindeiro curso funcionarán 15 seccións bilingües nunha decena de centros que imparten estas ensinanzas coa finalidade de promover a práctica de idiomas.

Data de actualización: 23/08/2025